Este xoves 12 de xuño, as Galerías da Oliva en Pontevedra convertéronse nun colorido punto de encontro para as e os afeccionados ao ganchillo e a calceta. Desde as 17.00 até as 20.00 horas, 101 persoas participaron na décima edición do Encontro Tecer en Público, unha cita xa consolidada no calendario local. Durante tres horas, a arte de tecer foi o protagonista dunha xornada na que destacou a diversidade de idades. Entre as participantes, estivo Teresa Tobío, unha veterana tecedora de 99 anos, que compartiu espazo con outras mulleres acompañadas polos seus bebés, nun contraste de idades. A actividade, ademais de fomentar a convivencia e a creatividade, foi descrita por moitas asistentes como unha forma de relaxación. Como recoñecemento á súa participación, a organización, a cargo de Lanas Teresa Tobío, obsequiou a cada persoa cun caderno, unha cunca, auga e nobelos de la. As organizadoras sinalan que este evento permite potenciar unha comunidade de persoas afeccionadas a esta actividade de elaborar pezas de maneira manual. [galleries:vertical:10495]