Os peritos confirman ante o TSXG a contaminación "extremadamente perigosa" do encoro das Conchas

Wait 5 sec.

Na primeira sesión do xuízo que analiza a demanda presentada por veciñanza da Limia pola elevada presenza de cianobacterias, os informes dos expertos certificaron "altos niveis de contaminación por nitratos", o que pode atribuírse a fontes gandeiras. O venres que vén celebrarase a segunda e derradeira sesión, na que as administracións demandadas -Xunta, Confederación Hidrográfica e concellos- responderán á demanda.