O pontevedrés Álex Andión queda a un paso de revalidar título na Nordic League de waterpolo

Wait 5 sec.

Pasan as tempadas e o pontevedrés Álex Andión segue a ampliar a súa colección de medallas no waterpolo nacional e internacional. Co Club Waterpolo Tenerife Echeyde, Andión quedou a un paso de revalidar o título da prestixiosa Nordic League de waterpolo, torneo internacional no que participan clubs de toda Europa e que xa levantou a pasada tempada. O pontevedrés xa foi no seu momento subcampión da Copa do Rei e a Supercopa de España, e tamén o primeiro galego en gañar un título internacional como a LEN Eurocap co CN Sabadell Nesta ocasión o Tenerife atopouse na final da Nordic League a todo un coloso, o Galatasaray turco. Pese ao apoio do público, ao disputarse a final a oito na piscina Acidalio Lorenzo de Santa Cruz de Tenerife, o resultado da final foi de 17 goles a 20. Andión axudou o seu equipo con dous dos goles. Un reflexo do nivel deste campionato reflícteo tamén o duelo polo bronce, que venceu o White Sharks Hannover 12-9 fronte ao potente Zaibas lituano. O Rapid de Bucarest, o Rari Nantes Sori italiano, o Neukölln Berlin e o ZV De Ham foron os outros equipos presentes na fase final.