Comeza a Festa dos Libros de Pontevedra, tres días de "cita obrigada" para los amantes de la lectura

Wait 5 sec.

A Praza da Ferrería convertese desde ata o próximo domingo no epicentro da literatura coa celebración da oitava edición da Festa dos Libros, organizada polo Concello de Pontevedra. Trece librarías da cidade instalaron os seus postos de venda na carpa: Aviones de Papel, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Metáfora, Mononoke Manga, Paz e Seijas. Serán tres días de intensa programación literaria, encontros con escritores, contacontos, mesas de debate, presentacións e, como en toda boa festa, música. O horario de apertura ao público será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.30 horas, agás o domingo, que pechará ás 22.00 horas. A programación da Festa dos Libros reunirá máis dun cento de actividades e a presenza tamén dun centenar de autores, co obxectivo de fomentar a lectura e o amor polos libros entre todas as idades. Durante a inauguración, na que participou o alcalde de Pontevedra, Migue Anxo Fernández Lores, que intercambiou impresións coas librarías participantes, as autoridades destacaron a relevancia deste evento como un "motor fundamental" para a dinamización cultural da cidade. A xornada inaugural da Festa dos Libros superou todas as previsións e rexistrou unha afluencia constante desde primeiras horas. Visitantes de todas as idades achegáronse á carpa, contaxiados pola ampla oferta editorial e polo ambiente dinámico e acolledor que caracteriza esta feira. A boa climatoloxía facilitou que numerosas familias e lectores aproveitasen a oportunidade para descubrir novas publicacións ou facerse coas últimas novidades dos seus autores ou autoras favoritas, beneficiándose ademais dun desconto do 10%. A xornada inaugural, este venres 4, arrancou cunha sesión de contos a cargo de Irene Alonso Gasalla, quen presentou O rap do coello fedello. Festa dos Libros PontevedraViva Ao mediodía Orbil, o lobo lector, mascota do Salón do Libro, visitou a Festa e paralelamente celebrouse unha mesa de Dinamización Lectora, coa participación de Mónica Cores Luz Pérez do podcast Entreliñas, Samuel L. París de A Catapulta e Pilar Fernández Ruíz, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra. O encontro ofreceu diferentes perspectivas para fomentar a lectura a través das redes sociais, medios dixitais e clubs de lectura. A continuación, Samuel L. París protagonizou un recital-presentación das súas obras O tenro é o salvaxe (Editorial Galaxia) e Pifostio (Xerais). Xa pola tarde, ás 18.15 h, será a quenda do grupo Chévere, que xunto coa editorial Kalandraka, presentará a versión impresa de As fillas bravas de Momán, un recital teatralizado que, desde a súa estrea en 2014, reivindica a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional galega. Na presentación do libro, participarán Patricia de Lorenzo, unha das tres actrices; Xesús Ron, director da obra; e María Armesto, directora artística da MITCF de Cangas, escenario onde se estreou a proposta escénica. Ás 20:15 horas terá lugar a presentación de Solas en el silencio, o debut literario da xornalista e presentadora Silvia Intxaurrondo. Na súa primeira novela, aborda unha historia centrada na loita contra o destino e o poder do amor incondicional. Como peche da primeira xornada, ás 21.30 horas, a música será a protagonista coa actuación de Serán das Letras, un espectáculo a cargo da asociación Duos Pontes que fusiona a tradición dos seráns galegos con cantareiras e música popular. Ás 19.00 h celebrarase o Paseo Pontevedra Poética, unha ruta guiada que permite descubrir a poesía e o encanto da cidade a través dos seus espazos máis emblemáticos. Este é o primeiro dos paseos previstos dentro do proxecto Pontevedra (d)escrita, do Concello de Pontevedra, deseñados coa vontade de visibilizar a diversidade de voces da Boa Vila. [galleries:vertical:10566]