Radio Cerna de ADEGA ofrece cada venres un boletín informativo de dez minutos con noticias ambientais da semana. Neste programa falan de: a expedición científica francesa que localizou uns 1.800 bidóns de residuos radioactivos en augas atlánticas a 650 quilómetros da costa galega. Inicio de tempada de alto risco de incendios con "menos persoal dispoñible para a extinción". Na UE, Bruxelas modifica a política climática abrindo a opción de compensar emisións fose o espazo comunitario. Morte de varias aves no lago da Congorza, en Cangas, consecuencia dun novo brote de botulismo. ADEGA inicia en Lugo unha campaña en defensa dos ríos fronte á urbanización. (Para escoitar o episodio pulsa neste enlace).