Un accidente de tráfico ocorrido a primeiras horas da mañá deste luns 23 de xuño en pleno centro de Cambados saldouse con dúas persoas feridas, segundo informou o Servizo de Emerxencias do municipio. O suceso tivo lugar na Praza do Concello cando dous turismos chocaron frontolateralmente, provocando importantes danos en ambos os vehículos. As condutoras, identificadas como C.E.H.N. e M.C.B.B., tiveron que ser trasladadas ao Hospital do Salnés con dores cervicais e torácicas. No operativo de emerxencia participaron efectivos do Servizo de Emerxencias de Cambados, axentes da Garda Civil local, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que atenderon ás feridas e xestionaron a situación nesta céntrica zona do municipio. Os axentes investigan as causas do accidente rexistrado nun dos puntos máis transitados da localidade pontevedresa, diante da Casa Consistorial. Os dous turismos implicados no accidente en CambadosServizo de Emerxencias