Ence destina tres millóns de euros a proxectos na sexta convocatoria do Plan Social

Wait 5 sec.

Ence - Enerxía e Celulosa abriu este xoves 19 de xuño a sexta convocatoria do seu Plan Social para Pontevedra, unha das iniciativas de responsabilidade social corporativa máis importantes do panorama nacional, segundo indica a empresa. Cun investimento total de tres millóns de euros, este programa busca seguir impulsando proxectos que favorezan o desenvolvemento sostible e o benestar dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio. Antonio Casal, director territorial de Ence, e Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, presentaron a convocatoria no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo. As solicitudes poderán presentarse desde hoxe ata o vindeiro 18 de xullo a través da web www.plansocialence.es, onde os interesados atoparán tamén un vídeo explicativo e unha guía detallada para facilitar o proceso. Adicionalmente, a empresa habilitou un correo electrónico (plansocialpontevedra@ence.es) e un número de teléfono (627 826 069) para resolver calquera dúbida relacionada coa convocatoria. O Plan Social de Ence estrutúrase en cinco áreas de actuación con orzamentos diferenciados: promoción da inclusión social (480.000 euros), recuperación e coidado da contorna (480.000 euros), promoción da educación e cultura (480.000 euros), fomento do emprendimiento e innovación (670.000 euros) e apoio ao deporte basee e de elite (700.000 euros). Os 190.000 euros restantes destinaranse á xestión do proceso de adxudicación e comunicación. Esta iniciativa, que xa beneficiou a máis de 1.400 proxectos desde a súa posta en marcha, permite tamén, de maneira excepcional, a presentación de propostas a desenvolver fóra do ámbito xeográfico principal da convocatoria, sempre que teñan un impacto positivo e estean especialmente vencelladas á conservación ambiental ou a actividades forestais. Con esta sexta edición, a compañía papeleira quere manter unha fórmula como actor clave no impulso social e económico da comarca.