O Grupo de Investigación IDARA -acrónimo de Intelligent Digestive and AI Research Alliance- do Servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra presentou este mércores dous proxectos de Intelixencia Artificial. Fíxoo nun evento celebrado no Centro de Supercomputación de Galicia. Trátase dos proxectos GIFT e AIDATAMED, escollidos na convocatoria do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para a creación dun espazo de datos europeo, que conta con fondos comunitarios Next Generation EU. O proxecto GIFT consise no desenvolvemento dun sistema de apoio á toma de decisións médicas en gastroenteroloxía. Pola súa banda, o proxecto AIDATAMED céntrase na creación de bases de datos sintéticos de pacientes. O grupo de investigación do Servizo de Dixestivo presentando os seus proxectos europeos en IAÁrea Sanitaria Pontevedra-O Salnés Todo iso usando a Intelixencia Artificial (IA) nun traballo que supón todo un desafío para este grupo de investigación ao abrirse á investigación en novas tecnoloxías. En total participan nestes dous proxectos 12 profesionais. O Grupo IDARA naceu no ano 2012 no seo do Servizo de Aparello Dixestivo de Pontevedra, contando na actualidade con ao redor de 30 ensaios clínicos activos.