A danza contemporánea volve ter un papel protagonista en Soutomaior coa segunda edición do festival Rebulir. Rebulir, o Festival de Danza Contemporánea, celebrarase o domingo 6 de xullo a carballeira do peirao de Arcade. A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, presentou este martes o festival, que volverá converter a Soutomaior "no epicentro da danza contemporánea nacional" coa presenza dalgunhas das mellores compañías. O obxectivo é "aunar danza e natureza nun entorno espectacular" como o peirao de Arcade, ademais de "renovar" o compromiso goberno local con esta disciplina artística para que "sexa unha cita ineludible da completa programación cultural do concello de Soutomaior que suscite a curiosidade de novo público". A proposta inclúe tres pezas de danza de compañías relevantes no panorama da danza e un obradoiro de danza dirixido a todos os públicos onde todas e todos experimentemos e aprendamos a danzar da man de grandes bailarinas e bailaríns. En horario de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar o obradoiro 'A danzare', realizado polo colectivo Glovo, destinado a público xeral de máis de 10 anos. Será de balde e non se precisa inscrición previa. De 19:15 a 19:30 horas será o momenot da representación de '77.000', do colectivo DeXeito, unha peza que fai referencia ao número de toneladas vertidas polo petroleiro Prestige nas costas galegas no ano 2002 e que levou o Premio á mellor peza no Festival DZM de Cáceres 2024. De 19:45 a 20:00 horas, será a quenda para a posta en escena de 'Alleo', do colectivo Glovo. Baséase na idea da atalaia para referirse ao poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e o que estaba por vir así como a soidade desa posición e o peso do descubrimento do alleo. De 20:15 a 20:30 horas, terá lugar a representación 'The Exposure', de Tanit Cobas, seleccionada en GEP 2024 e que levará a reflexionar sobre as persoas cando danzan, quenes son? que se din? Para rematar a xornada, de 20:30 a 21:00 horas, haberá un coloquio, 'O falar da danza', protagonizado polas compañías participantes.