O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece a súa folla de ruta para a tempada 2025-26 en Primeira Federación. O conxunto granate debutará na xornada do 31 de agosto no Estadio Municipal de Pasarón fronte ao CP Cacereño, segundo se deu a coñecer este martes no acto de presentación do calendario celebrado na localidade abulense de San Juan de la Nava. O equipo dirixido por Rubén Domínguez pechará tamén a liga en casa, recibindo ao Real Avilés Industrial na xornada 38, que se disputará o 24 de maio de 2026. En canto ao resto de equipos galegos que compiten na categoría, o Racing Club Ferrol enfrontarase na primeira xornada ao CF Talavera de la Reina; o CD Arenteiro recibirá ao Arenas Club; o RC Celta Fortuna medirase ao Zamora CF; mentres que o Ourense CF terá como rival ao Athletic Club "B". Pola súa banda, o Lugo iniciará a competición fóra de casa ante o Real Madrid Castela. O acto de presentación do calendario contou coa presenza de Rafael Louzán, presidente da Federación Española de Fútbol, quen aproveitou a ocasión para destacar a importancia do fútbol no ámbito rural. Rafael Louzán durante o acto de presentación do calendarioRFEF O máximo representante da Federación sinalou que "o rural é vida" e lembrou a necesidade de repoboar as localidades pequenas, onde aínda que non haxa poboación seguen existindo campos de fútbol. Louzán tamén pediu apoio á selección española feminina ante o inminente inicio do Europeo. A afección do Pontevedra CF terá a oportunidade de consultar o calendario completo na páxina web da Real Federación Española de Fútbol para organizar os desprazamentos ao longo da tempada. Acto de presentación do calendario de 1ª RFEFRFEF