Seguridade Nuclear defende que España ignore o control dos bidóns porque non os tirou

Wait 5 sec.

En resposta á Xunta, esta a autoridade administrativa do Estado volve evidenciar que só vixía a radioactividade nas augas costeiras e reitera que os niveis detectados nos tres puntos de mostraxe que ten en Galicia son adecuados. A expedición francesa Nodssum xa localizou uns 1.900 bidóns e segue extraendo sedimentos dos fondos mariños e mostras das augas próximas aos vertidos