Pedro Feijoo presenta en Pontevedra 'Onde nacen as bestas', unha novela sobre a Galicia máis salvaxe

Wait 5 sec.

Unha semana antes da Festa dos Libros de Pontevedra, onde participará nunha mesa redonda sobre a novela negra galega, o escritor vigués Pedro Feijoo xa quixo ter un encontro co público pontevedrés. Foi no ciclo Vermú entre libros de Libraríaa Paz onde, acompañado da xornalista Teresa Cuíñas, presentou a súa última obra, Onde nacen as bestas (Xerais, 2025). Feijoo, entre outras curiosidades, compartiu cos lectores como foi o proceso creativo dunha novela que, como el mesmo destacou, aborda o lado salvaxe do noso propio ser. En Onde nacen as bestas, o autor mergúllanos nunha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas. Todo a partir dunha serie atroz de asasinatos que espertará a memoria dun nome perdido no tempo, o Sacaúntos. Pedro Feijoo presenta en Paz a novela 'Onde nacen as bestas'Cristina Saiz Na novela Pedro Feijoo crea unha atmosfera densa e inquietante, onde a fronteira entre o cotián e o imaxinario crúzanse até facer imposible distinguir que é real e que é lenda. Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro Cousas do Galicia, por Castelao (1997), ao que seguiu a crónica Viva o Fu Remol! (Xerais, 2005). Como narrador publicou Os fillos do mar (Xerais, 2012), A memoria da choiva (Xerais, 2013), Morena, perigosa e románica (Xerais, 2015), Os fillos do lume (Xerais, 2017), Sen piedade (Xerais, 2018), Un lume azul (Xerais, 2019) e Ninguén contará a verdade (Xerais, 2023). Pedro Feijoo presenta en Paz a novela 'Onde nacen as bestas'Cristina Saiz