A explosión dunha moto provoca un pequeno incendio forestal en Cuntis

Wait 5 sec.

Os servizos de emerxencias tivéronse que empregar a fondo este domingo para sufocar o incendio que se rexistrou nunha zona de monte de Castrolandín, en Cuntis. Foi sobre a unha da tarde, segundo informou o goberno municipal. Unha moto, por causas que aínda se están investigando, explotou e comezou a arder cando o seu propietario quixo acendela. As chamas estendéronse rapidamente a unha parcela forestal próxima. A pesar da aparatosidade do suceso, a rápida intervención do servizo municipal de emerxencias de Cuntis impediu que as chamas se descontrolaran. O lume puido ser extinguido sen maiores complicacións e o incendio só acabou afectando a un parcela moi pequena de monte. A moto que causou un incendio en CuntisConcello de Cuntis