O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados interviña este sábado, 22 de febreiro, nun accidente de tráfico sucedido na estrada EP-9305, ao seu paso por Mosqueiro, lugar da parroquia de Sisán no Concello de Ribadumia. Segundo os primeiros informes, un vehículo saía da vía, por causas que están por determinar, subía á beirarrúa, provocou danos no peche dunha vivenda e impactaba contra elementos arbóreos na contorna da casa. O incidente mobilizou aos equipos de Emerxencias de Cambados, Protección Civil de Ribadumia e á Garda Civil de Tráfico, quen colaboraron nos labores de asistencia e control da situación. Non se notificou que se producisen feridos como consecuencia do accidente, aínda que o vehículo sufriu importantes danos e foi derrubada o enreixado da propiedade particular afectada. Estragos provocados polo vehículo ao saír da víaServizos de Emerxencias As causas do sinistro están a ser investigadas pola Garda Civil de Tráfico, que se encarga de determinar as circunstancias exactas que levaron ao condutor a saírse da vía.