Falece o home agredido nun partido de balonmán ao intentar frear os insultos ao seu neto árbitro

Wait 5 sec.

Andrés Rico, de 68 anos, morreu tras máis de dous meses no hospital a consecuencia das lesións sufridas tras mediar de xeito pacífico ante a actitude dun home cara ao colexiado de 15 anos. Hai só uns días, a nai dunha árbitra de 13 anos denunciou o "acoso" sufrido pola súa filla durante un partido de prebenxamíns.