O Concello de Pontevedra indica os cortes de tráfico previstos para este sábado 1 de marzo con motivo da celebración do Desfile de Entroido 2025. O percorrido do desfile, que atravesará varias rúas do centro da cidade, implicará peches ao tráfico e restricións de acceso a partir das 15:00 horas. A zona de concentración das comparsas estará situada en Xosé Malvar, e o peche desta área comezará ás 15:00 horas. O itinerario do desfile, que pasará por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena, Praza de España e Alameda, pecharase ao tráfico ás 16:00 horas. A zona de recollida das comparsas participantes estará situada en Echegaray. A partir das 16:00 horas, non se permitirá o acceso ou saída dos garaxes situados no percorrido do desfile, e as rúas afectadas permanecerán pechadas até aproximadamente as 21:00 horas. Percorrido do Desfile de EntroidoConcello de Pontevedra ACCESO AOS HOSPITAIS O Concello estableceu rutas alternativas para garantir o acceso aos hospitais durante os cortes de tráfico: Acceso ao Hospital Provincial: Ruta 1: Dende a Avda. Bos Aires (zona norte), accédese por Padre Gaite, San Antoniño, Víctor Cervera Mercadillo e Loureiro Crespo. Ruta 2: Dende a rúa Eduardo Pondal (zona sur), accédese por Uxío Novoneira e Joaquín Costa. Acceso ao Hospital Provincial durante o DesfileConcello de Pontevedra Acceso ao Hospital Quirónsalud: Ruta: Praza de Galicia, Andrés Mellado, Sagasta (sentido contrario) e rúa Castelao. O Concello recomenda que, con antelación suficiente, se comunique á Policía Local no teléfono 986-833-080 a necesidade de acceder a algún centro asistencial para que se poidan adoptar as medidas necesarias. Acceso ao Hospital Quirónsalud durante o Desfile de EntroidoConcello de Pontevedra