VÍDEO.- Tere Abelleira fai saltar as alarmas ao aparecer en muletas en Wembley

Wait 5 sec.

Ninguén o esperaba. Por iso a imaxe do partido da UEFA Women's Nations League entre Inglaterra e España no mítico estadio de Wembley non foi para moitos o resultado (1-0 para as inglesas), senón a preocupante lesión de Teresa Abelleira. A centrocapista pontevedresa caeu a última da convocatoria para este partido tras danar o seu xeonllo esquerdo no último adestramento da Selección previo ao choque. Tere completara con normalidade os 15 minutos de sesión abertos á prensa, pero a incidencia chegou despois, e sen comunicado nin parte da Real Federación Española de Fútbol ninguén esperaba a súa ausencia. Durante o mércores foi sometida en Londres ás primeiras probas, e a previsión é que pase un novo exame xa en Madrid para determinar o alcance exacto da doenza, aínda que as alarmas se acenderon facendo temer unha lesión de importancia. O certo é que Abelleira compareceu sobre o céspede e Wembley axudada de muletas e cunha protección no seu xeonllo. 🔴ÚLTIMA HORA A noticia negativa en España é que Tere Abelleira non entra na convocatoria para o partido contra Inglaterra desta noite Chegou en muletas ao céspede de Wembley 📺O partido en directo en la2_tve e Teledeporte desde as 20:50h: https://t.co/dnBby6bZCU pic.twitter.com/N9nUeZbkmO — Teledeporte (teledeporte) February 26, 2025 Así o captaron as cámaras de Televisión Española, que compartiron a imaxe da pontevedresa accedendo ao campo acompañada da súa compañeira de selección e de club Olga Carmona. Sen Teresa no céspede, o combinado nacional perdeu o seu partido da segunda xornada da Nations League debido a un gol de Jess Park no minuto 33 de xogo, e a pesar de facer méritos para lograr un mellor resultado. Desta forma España cae á terceira posición do seu grupo con 3 puntos, polos 4 cos que contan a propia Inglaterra e tamén Portugal.