O Poio Pescamar cede un empate nos últimos minutos ante o Roldán

Wait 5 sec.

Poio Pescamar e Roldán selaron este sábado un empate despois dun intenso partido que se decidiu nos minutos finais. Ao comezo do encontro foi o conxunto vermello o que levou o control do xogo para traducilo en ocasións moi claras de perigo que non entraron polos pelos. A primeira delas, un disparo de Ale de Paz que deu na cruceta tras un libre indirecto e, a segunda, un chute cruzado de Rocío Gómez que se foi fóra. Seguía o Poio acumulando chegadas á portaría rival, pero non conseguía aproveitar as oportunidades das que dispuña. Pola contra, o Roldán, ao oito minutos e practicamente na primeira ocasión, adiantouse no marcador cun tanto de Ángela Gorriz. Baixou o ánimo no conxunto local despois do gol, e Gorriz dispuxo doutra ocasión coa que puido pór máis terra polo medio, pero Elena realizou unha gran parada coa que evitou o 0-2. Un tiro de Ale de Paz puido acabar no gol do empate, que impediu a gardameta, e despois Elena, coa cara, frustrou o tanto de falta directa do rival. Seguiu creando perigo o equipo local, pero a madeira encargouse de impedir a igualada por medio de Ale de Paz e Laura Uña. Con todo, a falta de cinco para o final, Martita non perdoou. Recibiu na frontal da área, controlou, recortou o seu par e finalizou á rede para facer o 1-1. Partido entre ou Poio Pescamar e Roldán na SecaCristina Saiz Un par de minutos despois, A Seca berrou co golazo de Laura Uña. Ale de Paz cedeu desde a esquina e a cántabra enganchou o esférico desde tres cuartos de campo para aloxalo no interior da rede e voltear o luminoso. Antes do descanso, Uña tivo outra oportunidade coa que facer o 3-1, pero Cristina encargouse de evitalo. Despois do paso polos vestiarios e tras as ocasións de Candea e Ale de Paz, chegou o empate. Carmen rematou o pase de Rocío Gómez e subiu o 2-2 ao marcador. Acto seguido, Chuli disparou alto e despois Cristina repeleu o lanzamento raso de Laura Uña. Con todo, nada puido facer a gardameta para evitar o gol local cando se achegaba o minuto 30. Uña abriu para Candea e esta deixou o balón en bandexa para que Èlia volvera adiantar o seu equipo. Minutos despois, Candea fixo o 4-2 despois dun contragolpe iniciado por Elena e servido por Ale de Paz. Aos 34 minutos entrou en xogo a porteira-xogadora no cadro visitante e o guion cambiou por completo. Mayte Mateo fixo o 4-3 e, a falta de dous minutos para a conclusión, Alba Gandía, sobre a liña, fixo o 4-4 co que finalizou o emocionante partido. [galleries:horizontal:10179]