O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a ampliación do crédito para o Plan Extra en 2,8 millóns de euros "isto vai a permitir que todos os proxectos sexan aprobados". Nunha rolda de prensa celebrada este martes, Luis López explicou que nos vindeiros días a administración provincial vai celebrar dous plenos. O primeiro será unha convocatoria ordinaria e terá lugar o venres 28 de febrero, entre outros asuntos da Orde do Día, o goberno provincial vai atender "unha demanda frecuente, necesaria formulada polos alcaldes e alcaldesas" que é a prórroga do plan de investimentos PON 2030. Este é un programa de infraestruturas e dotacións singulares que posibilita a rehabilitación ou a construción de novos equipamentos municipais, actuacións sobre o espazo público, e faculta tamén os concellos para financiar iniciativas relacionadas co cumprimento da Lei estatal de residuos e solos contaminados para acadar unha economía circular. Este plan extraordinario de investimentos para concellos de menos de 50.000 habitantes está dotado con case 22 millones de euros e, segundo indicou Luis López a execución deses proxectos "está levando máis retraso do agardado" e por iso vaise "flexibilizar" a súa execución. O prazo remataba o 30 de abril e prorrógase por un ano co que se amplía até o 31 de marzo de 2026. "Somos conscientes das dificultades estructurales que teñen os concellos e nós non íbamos a converter unha data nunha liña vermella infranqueable que permitira impedir a execución", manifestou o mandatario provincial. O segundo pleno que vai celebrar a Deputación terá carácter extraordinario, convocarase "en canto nos permita a tramitación interna" e nel se aprobará unha modificación de crédito con cargo aos remanentes e suporá "outra inxección de recursos" para atender "outro clamor das Alcaldías". Así, a Deputación vai incrementar en 2,8 millóns de euros a financiación do Plan Provincia Extraordinaria (Plan Extra) pasando dos 35 millóns inicialmente previstos aos case 38 millóns. Luis López destacou que esta medida "vai a permitir que todos os proxectos sexan aprobados. Non quedará ningún Concello fóra" co que dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes que presentaron proxectos "van a ser aprobados todos". Este plan Extra está deseñado como unha ferramenta de apoio adicional en beneficio dos concellos, co obxectivo de que estes dispoñan de capacidade financeira suficiente para asumir investimentos como novas infraestruturas públicas, mellora de equipamentos públicos existentes, intervencións en espazos urbanos ou naturais ou adquisición dos elementos necesarios para a recollida separada de biorresiduos de orixe doméstica. O presidente da Deputación indicou que se a este Plan Extra se lle suma a cofinanciación que teñen que realizar os concellos, "movilizaremos casi 60 millones de euros". Lembrando que para afrontar este custe os concellos tamén dispoñen doutros recursos da Deputación como o Plan +Provincia Luis López insistiu en que o seu é "o goberno máis municipalista da historia da Deputación" e que "aquí miramos por todos os concellos, independente do lugar, do tamaño e do cor política" por iso agarda que os grupos políticos do PSOE e do BNG voten a favor destas medidas.