O Gimsport pisa o podio na segunda xornada da Liga Nacional Infantil de Kárate

Wait 5 sec.

Ata Albacete desprazouse a Escola de Karate Gimsport de Pontevedra para poder disputar a segunda xornada da Liga Nacional Infantil. O club pontevedrés acudiu á cita con catro xóvenes representantes, conseguindo cun deles pisar o podio de honra. Logrouno Ariadna Álvarez cunha medalla de bronce en categoría alevín. A pontevedresa sumou tres triunfos para impoñerse na fase de grupos, e caeu en semifinais vencendo posteriormente o combate polo bronce. Ademais Borja González en kata infantil gañou tres encontros chegando ata os 1/8 de final, onde perdeu sen opción a repesca, e avanzou ata a mesma rolda na modalidade de kumite. Mateo Quintás, pola súa banda, gañou dúas roldas en kata infantil cedendo nos 1/16 de final. Por último en kata de categoría alevín Vera Quintás foi eliminada tamén nos 1/16 de final. Uns resultados que reforzan o traballo do Gimsport para os seus próximos retos, como o Campionato Galego Infantil e a Copa Cadete que se disputarán o 8 de marzo en Santiago de Compostela.