Cara a cara #630. Guzmen ten novo elepé: 'Joven estrella'

Wait 5 sec.

Con Guzmen, o mozo vigués Tomás Martínez Barciela, traballa para facerse o seu oco na industria musical. Tik Tok foi o seu primeiro escaparate, onde subía os seus covers. Na rede descubrírono e coincidiron tres das grandes distribuidoras, foi Warner coa que estampou a firma. Leva traballando o último ano e medio no que xa é, desde a pasada semana, o seu álbum bebut. Quizá premonitorio: 'Joven estrella'. Non quere etiquetas musicais, pero mete este disco nunha burbulla pop. As letras falan de si mesmo e do amor, en xeral. Acábase de tomar uns días de descanso na súa cidade. En abril arrincará a xira promocional. Tres das cancións de 'Joven estrella' acompañan esta charla: 'Mami let go' que supera o millón de reproducións, 'Mármol' e 'No le bajo'.