O Marín Futsal rescata un valioso empate ante o Gualdacacín

Wait 5 sec.

O Marín Futsal rescatou un valioso punto na Raña fronte a un CD Gualdacacín que se mostrou sólido e ben plantado en todo momento. Consciente do que había en xogo, o conxunto local saltou nervioso á cancha, errando á hora de saír co balón pero defendendo con orde para evitar que as visitantes xerasen demasiado perigo. Houbo algúns achegamentos durante o primeiro tempo, pero o marcador non se moveu e chegouse ao descanso co 0-0 inicial. Despois do paso polos vestiarios, o Gualdacacín deu un paso adiante e atopou o gol aos tres minutos grazas a un erro na defensa local que Gleice aproveitou para bater a Patri Arruti. Necesitaba unha reacción o equipo de More, a intensidade aumentou e envorcouse en ataque. O Marín recorreu ao xogo de cinco para voltear a situación e, a falta de tres minutos para a conclusión, atopou a recompensa. Tras un remate de cabeza de Café, o balón quedou solto na área e Gi Portes non perdoou, establecendo o 1-1 definitivo. Consulta a acta neste enlace [galleries:horizontal:10180]