Posta de longo para un Froiz que cumpre 37 anos no pelotón

Wait 5 sec.

Baixo unha carpa instalada ante a previsión de choiva pero co impoñente Mosteiro de Poio ás costas. Así se presentou oficialmente o equipo do Grupo Deportivo Supermercados Froiz para a tempada ciclista de 2025. Será a campaña número 37 da escuadra pontevedresa dentro do pelotón nacional. Todo un clásico que estivo arroupado este venres polo ex-corredor Pedro Delgado, gañador do Tour de Francia e de La Vuelta a España, exercendo de padriño, o tamén gañador do Tour Óscar Pereiro, Álvaro Pino e polo director de La Vuelta, Javier Guillén. Xunto a eles atopábanse tamén representantes das administracións públicas como o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, o predidente da Deputación, Luis López, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, ademáis do presidente da Federación Galega de Ciclismo. Presentación oficial da tempada 2025 do equipo ciclista FroizXunta de Galicia Nun acto conducido polo xornalista Terio Carrera e no que se foron presentando os corredores que defenderán este ano ao Froiz, o responsable do deporte galego quixo acordarse de feito da figura de Magín Froiz, asegurando que "onde queira que estea, estará contento de ver como os seus corredores lle seguen a render homenaxe enriba da bicicleta". Javier Guillén pola súa banda non deixou pasar a oportunidade de descatar a etapa prevista este ano 2025 en La Vuelta con saída desde Combarro, un fito para o municipio cun percorrido que "non dá tregua". Tras a súa presentación oficial, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz pon agora rumbo a Estremadura para participar este domingo 23 de febreiro no seu primeiro gran reto do curso, o Circuíto do Guadiana, proba inaugural da Copa de España Elite e Sub-23. Presentación oficial da temporada 2025 do equipo ciclista FroizXunta de Galicia