Perú por Dani Abalo na secretaría técnica do Arosa

Wait 5 sec.

O Arosa empezou a traballar na planificación da próxima tempada en Terceira RFEF, tras a decepción que supuxo non poder pelexar polo ascenso de categoría. Ese pau desembocou nun importanmte cambio de rumbo na entidade arlequinada. Tras dous anos formando parte da organigrama deportivo do club, desde febreiro de 2023, Dani Abalo deixou o seu posto como director deportivo. Para relevar o ex futbolista o club de Vilagarcía mirou cara a casa, recorrendo a un home de club como David López 'Perú'. El será a partir de agora o encargado de dirixir a secretaría ténica do Arosa, coordinando un grupo de traballo "rodeado de xente da casa", explica o club. Perú asumirá por tanto esta nova función na que será a súa sexta tempada no Arosa, ao que chegou na 20/21 como adestrador do equipo xuvenil. Tamén desempeñou o cargo dun dos coordinado da canteira e esta campaña púxose á fronte brevemente do primeiro equipo en Terceira RFEF. Conta co título de director deportivo tras completar en 2023 o curso oficial organizado pola Real Federación Galega de Fútbol.