Cara a cara #651. Lucía Viéitez e 'Problemas en el paraíso'

Wait 5 sec.

A pontevedresa Lucía Viétiez Touriño debuta como autora con 'Problemas en el paraíso', o seu primeiro poemario. É licenciada en Filoloxía Hispánica e exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura no ensino público. Charlamos con ela da súa afección por este xénero literario. Un xénero que escribe desde ben pequena e que agora que publica, algúns do seu lectores cero poranlle nome e apelidos. 'Problemas en el paraíso' aglutina até corenta poemas, algúns precedidos por citas de autores aos que admira e aos que dedicou algunhas destas poesías. Autores e autoras que forman parte do seu paraíso, como persoas, motivacións, experiencias, pensamentos... que igualmente inspiran estes poemas. Lucía emprega o verso libre, tanto como as estrofas; e o castelán na súa escritura, aínda que tamén engade que en ocasións en galego "hai poemas que me saen mellor". O vindeiro sábado 7 de xuño estará na Feira do Libro de Madrid. Será na caseta 185 da editorial Valparaíso, coa que se estreou como poeta. En Pontevedra, presentará o sábado 21 de xuño en Libraría Paz.