Radio Cerna é un espazo semanal de Adega no que compendian en dez minutos as noticias ambientais da semana. Este venres: A Asociación ecoloxista Adega celebra os seus 50 anos e festéxao cun festival en Lugo este próximo sábado día 7. Leste mesmo colecitvo abre novas vías de loita contra a celulosa de Altri presentando máis de 1.400 solicitudes para reclamar o arquivo inmediato do expediente de tramitación da concesión de augas. En referencia ao mesmo proxecto reclama a anulación da DIA da macrocelulosa por incumprimento dunha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE. Recollen ademais o resultado da manifestación anual contra Ence que tivo lugar a pasada fin de semana. Para escoitar o episodio pulsa nesta ligazón.