Muller, española, 46 anos e con menores ao cargo: o perfil da perceptora do Ingreso Mínimo Vital en Galicia

Wait 5 sec.

Cinco anos despois da súa posta en marcha, as axudas englobadas na denominación de Ingreso Mínimo Vital chegan a 32.227 fogares (cun total de 87.173 beneficiarios e beneficiarias), dos que un terzo só cobra unha pequena axuda á infancia. O IMV chega ao 22,7% da poboación en situación de pobreza en Galicia. Dos 32 mil fogares que perciben as axudas, en máis de 20 mil hai nenos e nenas.