Unha persoa resultou ferida leve nun incendio rexistrado este xoves nun piso en Sanxenxo. Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o lume iniciouse na cociña, concretamente na campaña extractora. Sucedeu ás 7.00 horas deste xoves nun terceiro piso dun edificio situado na estrada da Lanzada. O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia alertou á Policía Local que extinguiu o incendio con medios propios. Tamén acudiu Emerxencias Sanxenxo que se encargou de asegurar a zona e arrefriala. Na vivenda só atopábase un mozo de 34 anos que estaba a se facer o almorzo. Este home resultou con queimaduras leves nas mans. Rexeitou a asistencia sanitaria e acudiu ao Punto de Atención Continuada (PAC) polos seus propios medios.