"Toda Galicia vai nela": Chantada homenaxea a Carta Xeométrica de Fontán cunha exposición

Wait 5 sec.

Este sábado 7 inaugúrase a mostra no Pazo de Sabadelle, cun amplo programa no que participan Marisa Álvarez Landesa ou Xurxo Souto. A exposición, que se poderá visitar de forma libre nos vindeiros meses, toma o seu título dunha frase de Otero Pedrayo sobre o mapa de Fontán, que elevou a símbolo do país.