As localidades de Vilanova de Arousa e Ribadumia rexistraron dous accidentes de tráfico na noite deste sábado ao domingo. Segundo a información falicitada polos grupos de emerxencias de Vilanova e Cambados, o primeiro dos sinistros tivo lugar na Avenida das Sinas e nel víronse implicados tres vehículos resultando unha persoa ferida. A freada inesperada do primeiro dos coches produciu un choque en cadea. Colisión múltiple na Avenida das Sinas O segundo dos accidentes reportados tivo lugar na Autovía do Salnés (AG-41), ao seu paso polo municipio de Ribadumia, cando un vehículo perdeu o control e chocou coa mediana. En ambos os casos a Garda Civil de Tráfico abriu unha investigación para tratar de aclarar o sucedido. Non houbo que lamentar danos persoais. Accidente de tráfico na AG 41