Comisión de Seguimento da Illa de Tambo

Wait 5 sec.

Para o vindeiro martes, 8 de Xullo, está convocada por parte do Goberno Municipal de Poio, a Comisión de Seguimento da Illa de Tambo donde figura na orde do dia as resolucións despois das alegacións presentadas sobre o documento de protección denominado ENIL(Espazo Natural de Interese Local)-Plano de Usos e Plano de Emerxencias. Logo de varios meses agardando trala polémica xurdida por tratar de introducir dentro do ENIL un proxecto constructivo de calado, e tralo período de aportacións de propostas e alegacións, consideramos que a revisión por parte do persoal técnico do concello que aparece reflectida no ultimo documento entregado, resulta mais acaída para poder superar ésta etapa. O ENIL, tería que ser o primeiro paso para a protección dese espazo, pero Tambo necesita reforzar a súa parte histórica e de patrimonio, e Irmandade Illa de Tambo insistirá, e de feito está traballando dende hái tempo para que se tramite a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural). Por outra banda indicar, que o Concello de Poio ten que abrir ese espazo hacia a Universidade, o mundo da investigación e da cultura, na procura da súa colaboración como entidade pública na realización de diferentes proxectos, dos que destacaríamos un Plano de Xestión da Superficie Vexetal cara unha evolución do eucaliptal e das especies invasoras. Tambo reúne unha serie de aspectos que poden ser soporte para estudos relacionados co Cambio Climático (recollida ésta proposta no primeiro estudo da UVIGO do ano 2014), e por suposto avanzar nos campos da xeoloxía, do patrimonio cultural, da flora e fauna, e actuar sobre eses 14 puntos xeoreferenciados no traballo de Irmandade Illa de Tambo de momento, e que suporán un incremento de primeira orde para a posta en valor dese territorio. A Illa de Tambo non pode ser obxecto para convertila noutro San Simón con inversións millonarias, chega con ese exemplo e con moitos mais de fortes investimentos públicos para logo ficar no abandono, vexamos: aulas de natureza, centros de interpretación,….etc. En Irmandade Illa de Tambo, consideramos que para unha xestión axeitada de Tambo, deberían de ter un protagonismo prioritario as áreas de cultura e de medio ambiente do Concello de Poio, apartadas por completo déste proceso. Lembrar, que estamos agardando por que se efectivicen as declaracións do Conselleiro de Cultura de setembro do 2024, no senso do inicio inminente das excavacións no cumio de San Fagundo, para o que daquela xa existía unha consignación de 50.000 euros, cuxa previsión era para decembro do ano pasado ou comenzos do 2025. Agardamos nesta Comisión de Seguimento avanzar hacia ese futuro polo que vimos traballando dende hái moitos anos. Tambo, 6 de Xullo de 2025. Por Irmandade Illa de Tambo