Tras unha pequena paréntese durante o pasado xuño, volve Alberto Pazo coas 'Paisaxes progresivas'. Seguro que o botastes de menos. Na súa reseña para este episodio avanza que "o programa de hoxe xira ao redor dun dos mellores e máis influentes baterías e percusionistas da historia do rock: Bill Bruford". Descríbeo como "un músico orixinal, que creou estilo e que estivo cos máis grandes onde deixou unha pegada importante: Yes, King Crimson, Genesis, UK". "Co seu corazón jazzístico, que sempre o acompañou, soubo explorar camiños diversos e arriscados que o colocaron no olimpo das baterías", engade. Así que, tras estas breves introducións, xa sabes o seu consello: "Espero que o gocedes".