Jéssica Bouzas fai historia ao clasificarse para oitavos de Wimbledon

Wait 5 sec.

A vilagarciá Jéssica Bouzas xogará por primeira vez uns oitavos de final de Gran Slam tras clasificarse para os oitavos de final de Wimbledon. Bouzas venceu en tres sets a Yastremska (6-1, 2-6 e 6-3). A choiva de Londres foi unha aliada da galega ao forzar un parón de case dúas horas no partido o que permitiu que Jéssica recuperase o dominio dun partido que no segundo set parecía escapárselle. No último set Bouzas mostrouse moito máis sólida que a rival ucraína sumando puntos até alcanzar a vitoria final que a arousá celebrou con incredulidade, tirando a raqueta e levándose as mans á cabeza. A súa próxima rival será a rusa Liudmila Samsonova, número 17 do mundo. Coa vitoria deste sábado, Jéssica Bouzas sitúase de 50 no ranking WTA por primeira vez en segunda semana dun Gran Slam. 🤪 𝙇𝙊 𝘿𝙀 𝙅𝙀𝙎𝙎𝙄𝘾𝘼 𝘽𝙊𝙐𝙕𝘼𝙎... Vence a Yastremska y ya está en octavos de final. #LaPistaDelTenis #Wimbledon pic.twitter.com/aGmanEtP2G — Tenis en Movistar Plus+ (@MovistarTenis) July 5, 2025