A segunda pasada polo tramo de Ponte Caldelas - Barbudo foi suspendida tras un accidente que acabou en incendio. O sinistro consistiu nunha saída de vía do accidente do coche pilotado por Juanma Freiría e copilotado por Adrián Salgueiro. Ningún deles sufriu feridas importantes. Como consecuencia do accidente, o coche, un BMW 325i, quedou calcinado. As chamas propagáronse a unha zona de monte próxima á estrada obrigando a intervir aos servizos de extinción de incendios. A dirección de carreira do Rallie Rías Baixas decidiu entón suspender o TC 3, a segunda pasada polo tramo de Ponte Caldelas – Barbudo, e a neutralizar o TC1. O Rallie reanudouse na segunda pasada do tramo Ponte Caldelas – Vilarchán, segundo informou a organización da proba. O alcalde de Ponte Caldeas, Andrés Díaz daba conta nas súas redes sociais do accidente e porterior incendio neste monte de Esfarrapada, en Anceu, sinalando que a rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou que as lapas se extenderan máis. Segundo informou a Consellería de Medio Rural, mobilizáronse a catro axentes, cinco brigadas, tres motobombas, dous helicópteros e dous avións. Ver esta publicación en Instagram Unha publicación compartida por Andrés Díaz Sobral alcalde de Ponte Caldelas (andresdiazsobral)