Miles de persoas déronse cita este domingo nas alamedas de Pontevedra e Marín para berrar contra a permanencia da factoría de Ence na Ría de Pontevedra e a instalación de Altri en Palas de Rei. A habitual marcha contra Ence convocada pola Asociación en Defensa da Ría (APDR) transformouse este ano nunha reivindicación conxunta contra as dúas celulosas que, como xa é habitual, rematou diante da factoría de Lourizán. Baixo o lema 'Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa', estivo convocada por primeira vez de forma conxunta polos colectivos APDR, Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e Ulloa Viva. Antón Masa, presidente da APDR, explicou que este ano, ademais de rexeitar a presenza de Ence en Lourizán, buscan "que non chegue a ser nunca unha realidade a fábrica de Altri en Palas" e puxo en valor a "unidade de acción" contra as dúas celulosas, que resulta "fundamental". "Cremos que esa unidade de acción debe continuar ata que Ence estea fora da Ría", demandou Antón Masa á saída dunha manifestación que resultou ser a máis multitudinaria das últimas edicións da marcha contra Ence. Marcha contra as celulosas de ENCE e ALTRIPontevedraViva Pilar Naveira, presidenta da plataforma Ulloa Viva, destacou que con esta mobilización buscan "dicir más alto que nunca que non queremos outra celulosa en Galicia. Reclamamos un país libre de celulosas, nin Ence na Ría de Pontevedra, nin Altri no corazón da Ulloa" Para Naveira, "ambas representan un modelo económico trasnoitado, que destrúe o territorio, precariza o emprego e pon en risco a saúde, a biodiversidade e o futuro das vindeiras xeracións". Así, sinalou que "as nosas comarcas comparten feridas". A Ría de Pontevedra "foi sacrificada hai décadas pola instalación de Ence, cun impacto que hoxe seguimos sufrindo" e Pilar Naveira destacou que "non permitiremos que esa historia se repita na comarca da Ulloa, cunha macrocelulosa imposta por Altri e avalada pola Xunta de Galicia, sin consenso social ni garantías ambientais". "Retrocedan, recalculen e rectifiquen porque aínda están a tempo de porse á altura da marea de dignidade galega que hoxe aquí, e unha vez máis, está a falar", dixe Pilar Naveira en alusión á Xunta de Galicia, á que lembrou que "o río Ulla non é una cloaca industrial, é fonte de vida para milleiros de persoas, así como a base de sectores productivos sostibles como a agricultura, a gandeiría, o marisqueo e o turismo vinculado ao Camiño de Santiago". Os colectivos convocantes anuncian que "seguiremos na rúa, nos tribunais e onde faga falta" para "impedir este despropósito" e defener un futuro sustentable, "digno para Ulloa e para toda Galicia". Alfredo Otero, bateeiro e voceiro da PDRA, defendeu que a Ría de Arousa "é a grande despensa de Galicia", pero os seus recursos vanse "ver ameazados por esa macrocelulosa" e por un proxecto cuxos postos de traballo resultan "insignificantes". Para Otero, "ningunha empresa, por moito beneplácito político que teña da Xunta, merece arruinar un río e un paraíso como é o río Ulla e a Ría de Arousa". A manifestación contou co apoio de colectivos como Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Adega, Non á Mina de Touro, Unións Agrarias, CIG ou CUT, entre outras. Ana Pontón, en la marcha contra las celulosas de ENCE y ALTRIPontevedraViva Á manifetación tamén acudiron este domingo a líder do BNG, Ana Pontón; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e representantes nacionalistas como a senadora Carme da Silva ou os concelleiros Anabel Gulías ou Demetrio Gómez. Tamén acudiron representantes do PSOE como o ex deputado Guillermo Meijón ou o líder local de Pontevedra, Iván Puentes. Representantes del PSOE, en la marcha contra las celulosas de ENCE y ALTRIPontevedraViva Ana Pontón sinalou que "o que lle pedimos ao señor Rueda é que escoite o clamor que hai en Galicia para que Ence saia da Ría de Pontevedra" para "evitar esa bomba ambiental" que suporía Altri. "En 1963 impuxeron Ence en Pontevedra e en pleno 2025 queren impoñernos Altri no corazón de Galicia. Nos imos permitirlo", denunciou Pontón, que pide para Galicia "industria do futuro, emprego sustentable, que coide o noso medio ambiente" e non que a comunidade sexa "o lugar no que se instalen as empresas que non quere nin en Portugal". O alcalde de Pontevedra insistiu en que desde o Goberno local e o BNG van "loitar por terra, mar e aire, por todas as vías, manifestacións, recursos xudiciais... para recuperar a ría". É, para Lores, "un dereito que temos todos os pontevedreses, que xa levamos 60 anos sufrindo esta peste de celulosas". [galleries:horizontal:10466]