Aparecen dous cadáveres calcinados dentro dun coche en Campo Lameiro

Wait 5 sec.

A Garda Civil de Pontevedra investiga a aparición de dous cadáveres calcinados no interior dun coche en Campo Lameiro. Uns senderistas que camiñaban por unha zona forestal localizaron o vehículo queimado nunha senda do lugar de Caneda, na parroquia de Morillas. Localizaron o coche e no interior había dous corpos, de modo que alertaron ás autoridades. Até o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil, que confirmou o achado. Ocorreu na mañá deste sábado e agora, efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil traballan no lugar para aclarar o sucedido e identificar as vítimas. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmou este sábado a aparición dos dous cadáveres sobre as 12.00 horas deste sábado "nun paraxe apartado". Segundo a información de Losada, "dado o nivel de deterioro que presentan" os cadáveres, para a súa identificación será necesario facelo a través de probas de ADN. O subdelegado asegura que "todas as hipóteses están abertas" pide que "é o momento de deixar traballar os axentes da Garda Civil e non facer especulacións que poidan comprometer a investigación".