Manuel Lorenzo e Marta Padín, vencedores da cuarta Carreira Carmiña

Wait 5 sec.

A costa marinense viviu este domingo unha intensa xornada deportiva coa celebración da cuarta edición da Carreira Carmiña. A proba popular reuniu a preto de 400 participantes que percorreron o litoral desde a praia de Lapamán até o paseo marítimo de Marín. Os corredores percorreron tiveron que completar 10,6 quilómetros de terra, asfalto e area de praia. Antes da proba principal, ás 10:30 horas, celebrouse a Mini-Carmiña, unha carreira de 5,4 quilómetros con saída desde o Náutico de Aguete. A xornada completouse con diversas categorías para menores e actividades lúdicas no Paseo Alcalde Branco, que puxeron o toque festivo. Na categoría masculina, o vencedor da Carreira Carmiña foi Manuel Lorenzo, quen cruzou a meta cun tempo de 41 minutos e 21 segundos. O segundo posto foi para Hugo Calvo, cun rexistro de 43 minutos e 26 segundos, e o podio completouno Manuel Sobral, en terceira posición, con 44 minutos e 02 segundos. Pola súa banda, na categoría feminina, Marta Padín alzouse coa vitoria, finalizando a carreira en 53 minutos e 47 segundos. Mercedes Paz, con 55 minutos e 10 segundos, subiuse ao segundo caixón, seguida de Yuliia Bokhinska, que conseguiu a terceira posición cun tempo de 56 minutos e 02 segundos. Consulta a clasificación xeral neste enlace [galleries:horizontal:10483]