O Catastro revisará a titularidade de 1.200 parcelas en Dorrón e pide colaboración á poboación

Wait 5 sec.

O Catastro iniciará unha revisión da titularidade de 1.200 parcelas nos núcleos de Rexenxo, Recarei e Freixeiro, en Dorrón. A xerente do Catasro de Pontevedra, Micaela Martínez, e parte do seu equipo visitaron este domingo a Casa de Cultura de Dorrón para explicar o proceso aos veciños e veciñas. Máis dun centenar de persoas acudiron á reunión, á que tamén asistiron o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; membros do goberno, e a directiva da asociación de veciños de Dorrón. Este proceso parte da asociación de veciños de Dorrón, que se puxo en contacto con Catastro tras detectar problemas coa titularidade dos lindes das leiras por mor da revisión das fajas secundarias na parroquia realizada polo Seaga. O Catastro contratou unha asistencia técnica para dar servizo aos propietarios das leiras nestes núcleos que se desprazará a primeira quincena de xullo á Casa de Cultura de Dorrón para realizar unha revisión da titularidade. Antes deste servizo, os propietarios das leiras deben porse en contacto cos seus marxeantes para chegar a un acordo nas superficies onde non estea claramente delimitada ou haxa algún tipo de desacordo. Ademais do acordo de partes, deberán acudir coas medicións actualizadas das leiras para que se poidan rexistrar no Catastro. Micaela Martínez insistiu en que é "fundamental a colaboración dos veciños para ordenar este puzzle de territorios". A idea é comezar con este tres núcleos como un plan piloto e "se funciona, seguir abarcando máis superficie do municipio". O alcalde animou aos propietarios a facer "un esforzo" por porse de acordo para ter mellor ordenado o territorio e lembrou a disposición do Concello"a doar árbores autóctonas aos donos de todas aquelas leiras nas que haxa eucaliptos.