Cara a cara #652. Víctor Efrén Castro e 'Balas de fogueo'

Wait 5 sec.

'Balas de fogueo' é o sexto poemario do pontevedrés Víctor Efrén Castro Cereijo. Volve a autopublicar practicamente un ano despois do título anterior 'Antihéroe'. Docente de profesión, segue mantendo o hábito de escribir en verso e curtiendo o seu estilo. Recoñece neste episodio do podcast 'Cara a cara' unha forma de escribir máis madura, sobre todo na forma de expresar. Por iso, apunta, que os tres primeiros títulos son recomendables para un abano de idade máis amplo que este, recomendado para un lector máis adulto. Escribe de "cousas ás que lles damos a importancia que lle queiramos dar". É dicir, unha cuestión de perspectiva. E non todo o que escribe refire a experiencias que quixo ou necesitado contar. Prescinde das ilustracións de puño propio que incluía nas últimas publicacións. Só poesía. Até cen poemas esta vez. Presentados con numeración romana e concluídos cun título, para non condicionar aos seus lectores. Conclúe a súa intervención coa lectura dun dese centenar de poemas, 'Santa sepultura'.