Galicia é a terceira comunidade na que unha maior porcentaxe da poboación sufriu no último ano algún síntoma de depresión. Entre as mulleres, case o 44%, mentres que nos homes a cifra baixa ao 28%. O 17% da poboación galega sofre algún cadro depresivo de importancia, pero unhas 126.700 persoas que necesitaban acceder a atención á súa saúde mental non puideron facelo por motivos económicos.