Lupe Murillo e Jacobo Maestre, en Madrid para unha reunión de traballo da Primeira Federación

Wait 5 sec.

Xornada de traballo en Madrid para o Pontevedra Club de Fútbol. A presidenta granate, Lupe Murillo, participou este martes nunha reunión organizativa da Primeira Federación, celebrada na sede da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Estivo acompañada polo coordinador da secretaría técnica da entidade, Jacobo Maestre. Ademais da parte organizativa da competición o Pontevedra, do mesmo xeito que o resto de equipos ascendidos, recibiu de mans do presidente da RFEF, Rafel Louzán, un diploma conmemorativo polo seu logro e por ter conseguido "algo histórico", afirmou Louzán. Xunto aos clubs ascendidos sentaron á mesa os representantes do grupo de traballo de Primeira Federación, composto por Antequera CF, Athletic Club B, CA Osasuna B e Atlético Sanluqueño CF. Reunión de traballo de Primeira Federación en MadridRFEF Tamén participaron o vicepresidente federativo Sergio Merchán ou o presidente da Real Federación Andaluza de Fútbol, Pedro Curtido, entre outros, así como responsables de diferentes áreas federativas. A reunión tiña como obxectivo tratar asuntos sobre o desenvolvemento da terceira categoría nacional, entre eles aspectos de competición pero tamén sobre medidas de control económico, da repartición de dereitos audiovisuais e requisitos de inscrición. Ademais, explica a RFEF, debateuse a solicitude presentada por Areas de Getxo e Club Esportiu Europa sobre as súas instalacións deportivas, de céspede artificial e que actualmente non serían válidas para competir na Primeira Federación.