Importantes retencións matinais na ponte de Rande por un camión avariado

Wait 5 sec.

Un camión avariado na contorna da ponte de Rande provocou importantes problemas de circulación durante a mañá deste luns 9 de xuño, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT). O incidente, rexistrado ao redor das 08:40 horas, xerou retencións de até 5 quilómetros na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra. A avaría do vehículo pesado non só afectou ao tráfico na ponte de Rande, senón que tamén complicou a circulación na AP-9V e en toda a contorna de Redondela, causando importantes demoras para os condutores que circulaban entre Vigo e Pontevedra en hora punta. Ao redor dunha hora despois de producirse o incidente, sobre as 09:30 horas, a circulación quedou restablecida. O incidente afectou a numerosos desprazamentos laborais, durante o tempo en que os vehículos permaneceron atrapados ocupando os dous carrís de acceso. Situación na Ponte de Rande pola avaría dun camiónDGT