Unha condutora resultou ferida na tarde deste luns tras verse implicada nun accidente múltiple en Barrantes, en Ribadumia. A muller, de 19 anos e veciña de Ribadumia, tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital do Salnés. Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, o accidente de tráfico rexistrouse na EP-9305 en Barrantes. A condutora saíuse da vía pola marxe esquerda e levou por diante catro coches aparcados. Vehículos e ambulancia implicados non accidente en BarrantesServizo de Emerxencias Todos os vehículos resultaron danados. Até o lugar mobilizáronse medios do Servizo de Emerxencias sde Cambados, Protección Civil de Ribadumia, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Trafico. A condutora, segundo Emerxencias de Cambados, sufría dor cervical e dor no xeonllo esquerdo, por iso é polo que tivese que ser trasladada ao hospital. Vehículo implicado non accidente en BarrantesServizo de Emerxencias