Amplo dispositivo de medios aéreos e terrestres para sufocar un incendio en Lourizán e Marín

Wait 5 sec.

Un incendio forestal declarado a última hora da tarde deste luns mobilizou un amplo despregamento de medios na parroquia pontevedresa de Lourizán. Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, o lume declarouse sobre as 20.27 horas e unha hora despois seguía activo. Medio Rural quixo aproveitar as últimas horas de luz para sufocar chámaass, de modo que apostou por un amplo despregamento de medios terrestres e aéreos. Así, trasladáronse até esta zona de monte de Lourizán dous avións de extinción e cinco helicópteros. Incendio en Lourizán visto dende A CaeiraPontevedra Viva O dispositivo reforzouse por terra con cinco axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas e un técnico.