Unha vez feitos públicos os carteis da Feira Taurina da Peregrina, as 'Conversas na Ferrería' abren micrófonos un ano máis para dar voz á afección local. Interveñen Raúl Martínez (Peña Miura) e Alejandro Calvo, Pepé Maquieira xestor da web Taurophilos e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra. Opinións sobre as tres corridas de touros que se celebrarán os días 9, 10 e 15 de agosto, sobre as figuras e gandarías escollidas para esta edición que ademais vén con dobre efeméride: 125 aniversario da inauguración da praza de touros de Pontevedra e 50 anos da súa xestión pola Casa Lozano. Unha dobre circunstancia que propiciou que o festexo previsto para o día 15 sexa unha corrida goyesca. Un espectáculo así non se ofrecía na praza de San Roque desde 1929, ano en que por primeira vez unha corrida destas características víase en Pontevedra. Durante o faladoiro tamén se abre o foco para falar do que leva transcorrido de tempada. Un dos fitos deste ano corresponde ás marcas de audiencia televisiva (e as súas plataformas dixitais) que supuxeron as retransmisións da Feira de San Isidro. Outro dos aspectos que se evidencian e coméntase é o incremento da afección máis nova á tauromaquia, que se evidenciou tamén este pasado fin de semana no coso pontevedrés. Os faladoiros taurinos continuarán o próximo agosto tras os dous primeiros festexos sinalados.