Éxito do CN Galaico no campionato galego de natación con títulos na categoría feminina absoluta e na conxunta

Wait 5 sec.

Once ouros, sete platas e catro bronces na categoría absoluta e cinco ouros, cinco pratas e catro bronces, na junior. É dicir, 36 medallas. Ese foi o extraordinario balance do Club Natación Galaico no campionato galego junior e absoluto de natación de verán. No torneo, que se disputou esta fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, o equipo pontevedrés logrou alzarse co título de campión galego en categoría absoluta ao acumular 777,50 puntos na suma conxunta. Tamén triunfaron na categoría absoluta feminina, na que se proclamaron campioas galegas con 523 puntos tras os tres días de campionato. O equipo masculino foi quinto. Entre os juniors, o Galaico foi terceiro tanto na categoría masculina como feminina, con 259 e 255 puntos, respectivamente. A suma conxunta, 514 puntos, fixo que quedaran tamén terceiros. Antía García, que gañou o ouro nos 50 e nos 100 metros libres e nos 50 bolboreta feminino, foi unha das grandes protagonistas do torneo. A estas medallas sumou batir os récords do campionato nas probas de 50 metros libres e nos 50 metros bolboreta. Outros tres foron para Sofía Barros, que foi a máis rápida nos 400, 800 e 1.500 metros libres feminino, mentres que Rosalía Soler gañou na proba de 100 costas feminino. Campións galegos foron tamén os equipos de 4x50 e 4x100 libre feminino con Antía García, Victoria Cons, Rosalía Soler e Henar Cons; o de 4x200 libre feminino con Sofía Barros, Antía García, Julia Rodríguez e Paula Goyanes e o de 4x50 estilos feminino con Rosalía Soler, Julia Rodríguez, Antía García e Henar Cons. As sete pratas colgáronas Xabier Aguilar en 100 metros costas e 100 metros bolboreta masculino, Rosalía Soler nos 50 costas e nos 100 bolboreta feminino, Paula Goyanes nos 100 costas feminino, Julia Rodríguez nos 200 bolboreta feminino e o 4x100 estilos feminino con Paula Goyanes, Julia Rodríguez, Rosalía Soler e Antía García. Xabier Aguilar na proba de 50 metros masculino, Sofía Barros nos 200 libres feminino, Rosalía Soler nos 50 bolboreta feminino e Paula Goyanes nos 200 estilos feminino foron os bronces. Pola súa banda, Sofía Barros sumou outros tres outros nas probas junior de 200, 400, 800 e 1.500 metros libres femenino. Tamén logrou o máximo premio Gael Álvarez na proba de 50 metros bolboreta masculino. Pratas foron o 4x100 masculino (Gael Álvarez, Adrián Méndez, Olivier Rocha e Iker Pérez) e o 4x200 feminino (Sofía Barros, Claudia Infestas, Gisèle Rocha e Anxela Mellid), Alba Vidal no 100 costas feminino, Gael Álvarez no 50 costas masculino e Giselle Rocha nos 100 braza feminino. E os bronces, por último, acabaron nas mans de Iker Pérez nos 50 metros libres masculino, Gisele Rocha no 50 braza e no 200 braza feminino, Olivier Rocha nos 100 braza masculino e André Rendo nos 800 libres masculino.