Pasadas o dez da noite deste venres, un vehículo empezou a arder no Paseo de Cervantes de Pontevedra, na contorna da Alameda. O vehículo, unha furgoneta, empezou a arder pola parte dianteira, a área na que está situada o motor. O lume iniciouse cando o coche estaba estacionado, por causas aínda sen determinar. O primeiro en intervir foi un veciño que usou un extintor para sufocar as chamas. Logrou apagalas, pero pronto o lume reavivouse. Até o lugar desprazáronse efectivos do corpo de bombeiros de Pontevedra, que desprazaron varias dotacións. Antes das 23.00 horas, os bombeiros indicaron que xa deran o incendio por solucionado. O lume e a presenza dos bombeiros alertou aos veciños, aínda preocupados polo incendio que na madrugada do martes arrasou un edificio da rúa Riestra.