O Xantar dos maiores da Lama ten un recordo para os precursores da Romaría das Ermidas

Wait 5 sec.

Unhas trescentas persoas participaron este luns no Xantar da 3ª Idade da Lama que, ademáis da festa, incluiu unha ofrenda floral en memoria dos emigrantes e daquelas persoas que impulsaron a celebración da romaría das Ermidas. Participaron neste tradicional encontro o alcalde da Lama, David Carrera; o deputado provincial de Cutura e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentaria, José Balseiros; e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. David Carrera agradeceu a presenza dos comensais e lembrou a importancia que este evento ten para potenciar os lazos que unen á comunidade veciñal lamense tanto dos que residen aquí como os que o fan no estranxeiro. Segundo manifestou o alcalde da Lama, "o noso corazón énchese de emoción ao mirar aos nosos maiores, veciñas e veciños da terceira idade, verdadeiros piares desta comunidade. Grazas polo voso exemplo, por todo o que destes, e por seguir aquí, ensinándonos coa vosa presenza o que significa pertencer a un pobo". Carrera fixo tambén unha mención especial ao traballo realizado pola Comisión de Festas "que foi simplemente excepcional. O seu traballo, ilusión, entrega e compromiso fixeron posible que esta festa brille como o merece. A eles, o noso aplauso máis sincero e o noso apoio incondicional. Cando parecía que este ano non ía haber comisión, liderados por Cuenca e Ermitas, deron un paso adiante e foron quen de ofrecer ao pobo unhas festas magníficas". CONCERTO TRIBUTO A JUAN PARDO Esta mesma Carballeira das Ermidas que este luns estaba chea de comensais acollera o martes un concerto tributo a Juan Pardo, organizado polo Concello da Lama e a Xunta. Baixo o título de "Xuntos pola Música" é un espectáculo que rende homenaxe ao legado deste cantante galego, revivindo os seus grandes éxitos e o seu impacto na música española. Sobre o escenario, Antonio Barros, Lys Pardo, iAlma e Fernando Calderón, xunto a dous músicos de directo, a partir das 22 horas, farán este emotivo tributo. A voz de Lys Pardo, filla do artista, achega unha conexión íntima e especial, facendo de cada interpretación unha viaxe a través da nostalxia. Un espectáculo inesquecible para quen desexa celebrar a obra dun dos grandes nomes da música. [galleries:vertical:10633]