As mobilizacións pola precaria atención sanitaria espállanse por toda Galicia en época estival, onde a diminución de profesionais e o aumento de poboación nalgunhas zonas agudizan os problemas, sobre todo nos centros de saúde. O Sergas recoñece "momentos de maior tensión" pero atribúeos a que "non hai xente para contratar" mentres BNG e PSdeG culpan da "desfeita" á "desastrosa xestión" da Xunta.