Cara a cara #685. Ana Merino con 'El camino que no elegimos'

Wait 5 sec.

Ana Merino é unha autora con máis dunha vintena de títulos publicados como novelista, dramaturga, poeta ou ensaísta. É tamén catedrática, columnista, Premio Adonáis de Poesía e Premio Nadal 2020 coa novela 'El mapa de los afectos'. Segue removendo eses terreos da afectividade co seu novo libro: 'El camino que no elegimos'. Unha novela coral cuxos personaxes discorren polos camiños do desamor, a paixón ou o namoramento. E do amor, propiciado pola literatura de Stendhal. Neste podcast, ademais dunha recreación sonora do inicio da novela, a autora fala desta obra narrativa.